LG, sementes de millo que responden ás necesidades dos gandeiros – CAMPO GALEGO

Publicado: 13/04/2021

A marca presenta un catálogo que inclúe híbridos caracterizados polo seu rendemento, alta dixestibilidade, alta degradabilidade do almidón e resistencia ó estrés hídrico

Un ano máis, Semillas LG pon a disposición dos gandeiros o catálogo máis amplo e completo do mercado.

Desde hai anos, gran parte da actividade investigadora da marca centrouse na mellora da eficiencia e a produtividade das gandarías mediante o uso de variedades de sementes que aporten unha mellor dixestibilidade, o que permite reducir os custos de alimentación.

A forte especialización de Semillas LG no ámbito da alimentación gandeira levou á creación dunha serie de gamas que buscan facilitarlle aos agricultores a elección da variedade máis adecuada en cada caso:

LGNA 150

    • O logo LGNA® identifica aquelas variedades que achegan un equilibrio perfecto para o gandeiro: variedades con excelente rendemento, alta dixestibilidade e excelente comportamento a nivel sanitario.

 

HDI 150

    • Os híbridos co label HDi® designan ás variedades onde a dixestibilidade de fibras está moi por riba da media. Se en LG traballamos en variedades con alta dixestibilidade, as variedades HDi son as que máis destacan do noso catálogo.

STARPLUS 150

    • Starplus é un novo label para variedades con alto contido e alta degradabilidade de almidón. Sabemos que a cantidade de almidón é importante, pero do mesmo xeito que pasa nas fibras, tamén é necesario fixarse na calidade deste. Por iso, identificamos as variedades que destacan pola súa elevada degradabilidade ruminal do almidón, que lle achegan un plus de enerxía á ración e que melloran a eficiencia económica.
    • A calidade é o noso sinal de identidade, pero a seguridade dos nosos produtos é outro dos factores que marca a diferenza. Por iso, traballamos en aportar valores engadidos e garantir a colleita, mesmo en condicións difíciles.Os últimos anos estamos a sufrir fortes variacións climáticas importantes e, sobre todo, estamos a vivir veráns con períodos prolongados sen choivas. Isto, unido a temperaturas elevadas e vento, fai que o solo se seque moi rápido e, nas nosas condicións de secano, esta situación provoca grandes problemas nos rendementos de millo.Para axudar a paliar as secas estivais, Semillas LG leva anos traballando na procura de variedades cunha maior tolerancia ó estrés hídrico. Agora, estas poden identificarse co logo HYDRANEO.

hydraneo bruto

Gama Starcover, bioestimulantes para un mellor desenvolvemento

Limagrain comercializa desde hai 4 anos a súa tecnoloxía Starcover, que contribúe a que as variedades expresen todo o seu potencial.

StarCover está composto por dous bioestimulantes diferentes: o primeiro produce un incremento da superficie radicular, conseguindo que as raíces da planta abarquen máis superficie no solo, polo que aumenta a súa capacidade de chegar a máis nutrientes; o segundo bioestimulante actúa en simbiose coas raíces das plantas, solubilizando o fósforo bloqueado, á vez que constitúe un escudo protector para as raíces.

Estes dous bioestimulantes fan un efecto exponencial, conseguindo na planta máis, e mellores, raíces, plantas máis sas, máis produtivas e con máis calidade para forraxe.

starcover secure logo

Este ano ademais presentamos Starcover Secure, que ofrece protección funxicida extra, protección insecticida e un efecto de control fronte a paxaros. Desta forma, preténdese evitar calquera contratempo que poida dificultar conseguir un silo abundante e de calidade.

SECURE BIRD 150O ultimo label que presentamos este ano é Secure Bird Repellent, que identifica ás variedades que contan cun repelente fronte a paxaros.

Novidades en catálogo e variedades destacadas

Grazas ao traballo realizado en investigación, o novo catálogo de Silo e Forrajeras inclúe as seguintes novidades:

      • LG 31.219, alto rendemento nun ciclo ultracorto.
      • LG 31.390, a combinación perfecta entre calidade de fibras e almidón, ‘silo gourmet’

      • LG 31.455, potencial e calidade de silo en ciclo 400, “o millo campión en rendemento”.

      • LG 31.621, máximo rendemento e calidade de silo.

Estas súmanse a variedades lanzadas o ano pasado, como Bowen ou LG 31.388, e a outras xa referentes na zona, como son LG 30.369 ou LG 30.444.

O novo catálogo xa está dispoñible na páxina web de LG:

CATALOGO SILO FORRAJERAS

Pódese descargar neste enlace o catálogo de silo e forraxeiras.

Na web atópase tamén, en formato descargable, a Guía de Ensilado creada por LG, onde se tratan temas como o rumen, a sementeira e a colleita, o silo, a ración e a rendibilidade. Ademais, o Blog de LG, que se converteu xa nun referente de contido agrícola de excelente calidade, ten noticias, Apuntamentos Técnicos e información agronómica elaborada por especialistas para coñecer mellor o manexo e dificultades dos diferentes cultivos.

A oferta de sementes de Silo e Forraxeiras de LG é o resultado da súa aposta pola mellora da produtividade das explotacións gandeiras, así como por darlle o mellor servizo aos agricultores.

 

Descargar artículo

FUENTE: Campo Galego

¿Quieres recibir esta información de manera periódica?

Suscríbete a nuestra newsletter

ARTICULOS RELACIONADOS

Comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

No hay comentarios